lunes, 27 de abril de 2020

PSICOMOTRICIDADE NA CASA

Agora que temos que estar máis tempo na casa do desexado; podemos aproveitar os recursos que teñamos para poder facer psicomotricidade e pásalo pipa, tanto sós como coa compañía de toda a familia. De seguido pinchade nos videos que nos mandou o profe de psicomotricidade Lois. Desexamos ver como o facedes vós.








domingo, 26 de abril de 2020

EXPRESIÓN CON TELAS


Con distintas telas, roupas, coxíns, disfraces, mantas… ou mesmo debuxando no chan, elaboramos distintos entornos e rematamos facendo fotografías tipo:








ANIMÁDEVOS A FACELAS COS NENOS E QUEREMOS VER AS VOSAS OBRAS DE ARTE.



A MOVER O ESQUELETE!

Para por un pouco de movemento no noso corpiño, imos escoitar e traballar a canción "EU SON UN ARTISTA" do grupo Mamá Cabra. Esta canción xa a coñecemos porque a estivemos a traballar coa profe de música María na escola. 
Propoñémosvos escoitala, bailala, disfrutala e se vos parece debuxar nun folio (sempre dentro da medida das posibilidades dos pequerrechos) os instrumentos dos que fala a canción.


ESPERAMOS AS VOSOS DEBUXOS

sábado, 25 de abril de 2020

RETO DA SEMANA: SAIMOS DE NOVO!


Para esta semana "especial", na que xa podedes sair a rúa, propoñovos dous retos.

primeiro, leer o conto do "OSO GOLOSO" que sabe o que é pasar moito tempo sen sair. Este osiño diravos as normas que tedes que cumplir. Pinchade na imaxe para acceder.


segundo, facer o xogo e o experimento, que vos deixo a continuación, para lembrar a importancia de lavarse moito moito moito as mans con xabón...¡¡¡os bichiños escapanse das mans limpas!!!