Mostrando entradas con la etiqueta obradoiro emocional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obradoiro emocional. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de junio de 2020

OBRADOIRO EMOCIONAL

Continuamos coa última emoción “A ALEGRÍA”.
Primeiramente vemos o conto CUANDO ESTOY CONTENTO: despois de velo, falamos un pouco de él.  



 _ A continuación que fagan nun folio un debuxo das cousas que lle dan ALEGRÍA, e que o escriban debaixo de cada  imaxe debuxada coa vosa axuda.
_ Podedes facer cos nenos unha foto (a cara soamente) na que poñan cara de alegría e mandadesma para imprimir en A3.
_ E por último pintarán o cadro de Van Gogh relacionado con esta temática: LA SONRISA DE LAS ALAS FLAMEANTES, que xa vos enviei impreso.









OBRADOIRO EMOCIONAL

Continuamos esta semana pola emoción “A TRISTEZA”.
Primeiramente vemos o conto VACÍO: despois de velo, falamos un pouco de él.  






 _ A continuación que fagan nun folio un debuxo das cousas que lle dan TRISTEZA, e que o escriban debaixo de cada  imaxe debuxada coa vosa axuda.
_ Podedes facer cos nenos unha foto (a cara soamente) na que poñan cara de tristeza e mandadesma para imprimir en A3.
_ E por último pintarán o cadro de Van Gogh relacionado con esta temática: A NOITE ESTRELADA, que xa vos enviei impreso.









domingo, 24 de mayo de 2020

GLOBOS CON FARIÑA

Ola familias! Imos facer uns divertidos globos antiestrés con fariña, cos que xogaremos as emocións moldeando diferentes cariñas, como: medo, alegría, tristeza, rabia, duda, asco,…








OBRADOIRO EMOCIONAL

Continuamos esta semana pola emoción “A CALMA”.
Primeiramente vemos o conto RESPIRA: despois de velo, falamos un pouco de él.



 _ A continuación que fagan nun folio un debuxo das cousas que lle dan calma, e que o escriban debaixo de cada  imaxe debuxada coa vosa axuda.
_ Podedes facer cos nenos algún dos exercicios do conto de RESPIRA, a modo de relaxación.
_ Faremos unha réplica un chisco diferente e divertida da obra de arte de Mary Stevenson: EL BESO DE MAMÁ. Para iso, facédelle unha foto do neno de perfil dándolle un bico o seu boneco preferido con un fondo blanco. Imprimirémola en A3; despois pintaremos os nosos beizos de cor vermello e impregnarémos con eles as partes blancas da foto. 
Deixovos a imaxe real do cadro da autora EL BESO DE MAMÁ:




_ Xa, por último, faremos un bote da calma. En Internet tedes un montón de tutoriales e podedes facelos de moitos cores, non só de un. Facede click ,por exemplo,no seguinte enlace:




sábado, 16 de mayo de 2020

OBRADOIRO EMOCIONAL

Dende comezo de curso, decidiuse empregar como fío condutor un conto que traballase diversas emocións: O MONSTRO DE CORES”. Polo que neste obradoiro preténdese traballar as emocións a través de diversos contos e do Arte. Realizando distintas actividades de animación a lectura e o coñecemento e a realización de obras de arte coñecidas. (Cadros de pintores).
Para lembralo facede click nas imaxes do conto e tamén na canción que usábamos na asemblea:





As emocións que se van a traballar son: o medo, a calma, a rabia, a alegría e a tristeza.
Comezamos esta semana pola emoción “O MEDO”:



Primeiramente vemos o conto GATO GUILLE E OS MONSTROS: despois de velo, falamos un pouco de el.

       _ A continuación que fagan nun folio un debuxo do que lle teñen medo, e que o escriban debaixo de cada  imaxe debuxada coa vosa axuda.
_ Facédelle unha foto da cara do neno tendo medo como o cadro do grito de Munch, que vos poño a continuación. Enviádeme a foto para imprimila e pegala no cadro do GRITO DE MUNCH  sen colorear. A continuación deixovos o orixinal e en blanco e negro; este último é o que tedes que imprimir: 



_ Por último pegar a foto do neno na cara no cadro, e pintar o cadro de moitas cores. O marco decoralo con gomets por dentro facendo unha serie. A modo de exemplo podería quedar así: