Relacionado co conto "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" de Ricardo Carvallo Calhero; esta semana imos facer un PARAUGAS
DAS LETRAS GALEGAS. Mándovos unhas gotas de choiva: en cada unha de elas (só
por unha cara) escriben os nenos coa vosa axuda unha verba en galego que lles
guste: axóuxere, aloumiño,...
Collede un paraugas que teña moitas
cores e en cada unha das varillas enganchades un cordón, sedel,… pegando 3
gotas das que xa escribistes hacia abaixo cunha separación duns 15 cm.
Colgamolo do teito e teremos un paraugas das letras galegas espectacular.
Deixovos as gotas para que as
calquedes nun folio ou cartulina de cor azul ou nunha cartulina blanca
coloreándoa de azul.



