domingo, 31 de mayo de 2020

OBRADOIRO EMOCIONAL

Continuamos esta semana pola emoción “A RABIA”.
Primeiramente vemos o conto VAYA RABIETA: despois de velo, falamos un pouco de él.  




 _ A continuación que fagan nun folio un debuxo das cousas que lle dan rabia, e que o escriban debaixo de cada  imaxe debuxada coa vosa axuda.
_ Podedes facer cos nenos unha foto (a cara soamente) na que poñan cara de rabia e mandadesma para imprimir en A3.
_ E por último pintarán o cadro de Picasso relacionado con esta temática: O GUERNICA, que xa vos enviei impreso.






XOGUETES MUSICAIS CON CHAPAS

A profe María proponnos facer uns xoguetes musicais con chapas. Para iso necesitamos os seguintes materiais: cartolina ou cartón, chapa de refresco, tesoiras e pegamento.
Seguiremos os seguintes pasos:

1. Recortar un pequeño trozo de cartón ou cartolina duns 10 centímetros.
2. Decorar o cartón ou cartolina.
3. Pegar as chapas na parte interior do cartón tal e como aparece na imaxe. 



E XA TEDES LISTO O VOSO XOGUETE!


A CANTAR E BAILAR!


Esta semana o profe Lois e o profe Santi propóñennos a seguinte canción baile:



domingo, 24 de mayo de 2020

INGLÉS

Esta semana o teacher Santi preséntanos outra historia de Daisy, Robin and ME. Facede click na imaxe posterior:



E como suxerencia de actividade relacionada coa historia o seguinte puzzle:



PSICOMOTRICIDADE NA CASA

O profe Lois deixanos un vídeo de 8 actividades para realizar cos máis peques na casa. As actividades 2,4, 5, 6 e 8 son as máis axeitadas para os nosos nenos de Infantil...


A DISFRUTAR E PASÁDEO MOI BEN!




FACEMOS UNHAS MARACAS

A profe María envíanos un tutorial de como facer unhas maracas con tubos de papel hixiénico.


MANS A OBRA E A DISFRUTAR CON ELAS!!!




CASIÑA DA U

Iredes dicindo vogais e cando escoiten o U, teñen que dar unha palmada. 
Despois pasamos as palabras que comezan polo U.  Como non temos no cole nenos ou profes que comecen co vogal U, iremos dicindo nomes de cousas ou persoas. Cando escoiten un que comece polo U teñen que dar unha palmada. 
Despois pasamos as imaxes. Temos algunhas que comezan polo U e outras que non. Enseñadelles a imaxe, teñen que decir a palabra en voz alta e logo teñen que decidir se pode entrar na casiña do U ou non. Só entran as que comezan pola letra U. 
Deíxovos as imaxes por se queredes facer a vosa casiña do U.


IMAXES LETRA U

Pinchando na imaxe posterior podedes ver unha canción de youtube de palabras que comezan pola U.


CASIÑA DA O

Iredes dicindo vogais e cando escoiten a O, teñen que dar unha palmada. 
Despois pasamos as palabras que comezan pola O.  Como non temos no cole nenos ou profes que comecen coa vogal O, iremos dicindo nomes de cousas ou persoas. Cando escoiten un que comece polo O teñen que dar unha palmada. 
Despois pasamos as imaxes. Temos algunhas que comezan pola O e outras que non. Enseñadelles a imaxe, teñen que decir a palabra en voz alta e logo teñen que decidir se pode entrar na casiña do O ou non. Só entran as que comezan pola letra O. 
Deíxovos as imaxes por se queredes facer a vosa casiña da O.


Pinchando na imaxe posterior podedes ver unha canción de youtube de palabras que comezan pola O.



CASIÑA DA I

Iredes dicindo vogais e cando escoiten a I, teñen que dar unha palmada. 
Despois pasamos as palabras que comezan pola I.  Como non temos no cole nenos ou profes que comecen coa vogal I, iremos dicindo nomes de cousas ou persoas. Cando escoiten un que comece pola I teñen que dar unha palmada. 
Despois pasamos as imaxes. Temos algunhas que comezan pola I e outras que non. Enseñadelles a imaxe, teñen que decir a palabra en voz alta e logo teñen que decidir se pode entrar na casiña da I ou non. Só entran as que comezan pola letra I. 
Deíxovos as imaxes por se queredes facer a vosa casiña da I.



Pinchando na imaxe posterior podedes ver unha canción de youtube de palabras que comezan pola I.




CASIÑA DA E

Iredes dicindo vogais e cando escoiten a E, teñen que dar unha palmada. 
Despois pasamos as palabras que comezan pola E.  Como non temos no cole nenos ou profes que comecen coa vogal E, iremos dicindo nomes de cousas ou persoas. Cando escoiten un que comece pola E teñen que dar unha palmada. 
Despois pasamos as imaxes. Temos algunhas que comezan pola E e outras que non. Enseñadelles a imaxe, teñen que decir a palabra en voz alta e logo teñen que decidir se pode entrar na casiña da E ou non. Só entran as que comezan pola letra E. 
Deíxovos as imaxes por se queredes facer a vosa casiña da E.



          Pinchando na imaxe posterior podedes ver unha canción de youtube de palabras que comezan pola E.




CROISSANTS DE CHOCOLATE

Seguimos coa temática dulce. Esta vez  metémonos na cociña para facer unhos ricos croissants de chocolate



 Estiramos a masa de hojaldre.


2º Cortamos a masa en triángulos.


3º Facemos un pequeño corte en cada triángulo.


4º Colocamos unha boliña de crema de cacao (nocilla, nutella,…) cerca do corte que fixemos.


5º Vamos enroscado o triángulo e damos forma nos extremos. Se temos moldes pola casa ademáis de croissants, podemos facer corazóns, estrelas rellenas,…





6º Metemos no forno 10 minutos.


7º Sacamos do forno, decoramos con virutas de cores e… A DESFRUTAR!!!




GLOBOS CON FARIÑA

Ola familias! Imos facer uns divertidos globos antiestrés con fariña, cos que xogaremos as emocións moldeando diferentes cariñas, como: medo, alegría, tristeza, rabia, duda, asco,…








CASIÑA DA A

Un dos aspectos que podemos traballar cos nenos é a vía auditiva como entrenamento para a adquisición da lectoescritura. Nesta actividade traballaráse por un lado a discriminación auditiva e polo outro a conciencia fonolóxica.
Comezamos coa DISCRIMINACIÓN AUDITIVA do sonido A. Iredes dicindo vogais e cando escoiten a A, teñen que dar unha palmada. 
Despois pasamos as palabras que comezan pola A.  Aproveitamos que no cole temos varios nomes que comezan pola A, así que iremos dicindo nomes, e cando escoiten un que comece pola A teñen que dar unha palmada. 
Despois pasamos as imaxes (CONCIENCIA FONOLÓXICA). Temos algunhas que comezan pola A e outras que non. Enseñadelles a imaxe, teñen que decir a palabra en voz alta e logo teñen que decidir se pode entrar na casiña da A ou non. Só entran as que comezan pola letra A. 
Deíxovos as imaxes por se queredes facer a vosa casiña da A.


Pinchade na imaxe posterior e veredes unha canción de youtube de palabras que comezan pola A.






XOGOS DULCES DE ORIENTACIÓN ESPACIAL

Seguindo coa temática do conto, a "CASIÑDE CHOCOLATE",  enséñovos unhos xogos para traballar a atención e a orientación espacial
Collemos tapóns, folios, rotuladores e chuches que comezamos!!
1º PROPOSTA: o adulto colle catro tapóns e debuxa en eles flechas (cara a esquerda, cara a dereita, arriba e abaixo).
Despois, nun folio, o adulto debuxa flechas na posición que desee creando un patrón. Eu, no primeiro caso, debuxei: abaixo-dereita-dereita-abaixo.
Os peques terán que leer o patrón e intentar reproducilo, colocando os tapóns debaixo de cada flecha e na posición correcta. 
Exemplos: 


2º PROPOSTA: primeiro o adulto crea un patrón colocando catro tapóns.
Exemplos: 
 CON CHUPA CHUPS


CON PARAUGAS DE CHOCOLATE


CON PIRULETAS



3º PROPOSTA: ahora facemolo ao revés. O adulto coloca as piruletas na posición que queira e o neno terá que coller os tapóns e colocalos por riba de cada piruleta, fixándose na posición que ten cada unha de elas.  
Exemplos: na posición que queira.
Despoís, o neno verbaliza o patrón e reproduceo, colocando a chuche na posición que indica cada flecha. 








OBRADOIRO EMOCIONAL

Continuamos esta semana pola emoción “A CALMA”.
Primeiramente vemos o conto RESPIRA: despois de velo, falamos un pouco de él.



 _ A continuación que fagan nun folio un debuxo das cousas que lle dan calma, e que o escriban debaixo de cada  imaxe debuxada coa vosa axuda.
_ Podedes facer cos nenos algún dos exercicios do conto de RESPIRA, a modo de relaxación.
_ Faremos unha réplica un chisco diferente e divertida da obra de arte de Mary Stevenson: EL BESO DE MAMÁ. Para iso, facédelle unha foto do neno de perfil dándolle un bico o seu boneco preferido con un fondo blanco. Imprimirémola en A3; despois pintaremos os nosos beizos de cor vermello e impregnarémos con eles as partes blancas da foto. 
Deixovos a imaxe real do cadro da autora EL BESO DE MAMÁ:




_ Xa, por último, faremos un bote da calma. En Internet tedes un montón de tutoriales e podedes facelos de moitos cores, non só de un. Facede click ,por exemplo,no seguinte enlace:




CREAMOS ACRÓSTICOS


Qué palabras novas podemos construír coas letras do noso nome?. Buscamos cousas ou obxectos que empecen por cada unha das letras do nome. Se se quere pódeselles mandar buscar eses obxectos pola casa e reunilos. Por exemplo: 
SALERO
ABANICO
RELOXO
ARMARIO


miércoles, 20 de mayo de 2020

A PRIMAVERA

SEMENTES DE PRIMAVERA

A primavera é a época ideal para plantar sementes e ir vendo o seu ciclo de crecemento. Por iso animámosvos a plantar xudías, garavanzos ou lentellas. Tan só precisades un bote de iogur ou un tarro de cristal e un pouco de algodón humedecido en auga, e a semente que queirades. A continuación Gato Rainbow&Gata Moon ensínannos cómo facer. Pincha no enlace:



CREAMOS ARTE NA PRIMAVERA

A primavera inspíranos e non podemos obviar que nos gusta pintar, así que as flores é algo que sempre gusta.
Con pintura amarela, un tenedor de plástico, papel e rotulador verde podemos crear un DENTE DE LEÓN. Moi fácil e divertido!
1. Sumerximos a parte traseira do tenedor na pintura amarela.
2. Presionamos repetidas veces sobre o papel en forma de círculo.
3. Recheamos a parte central coa mesma cor ou ben con pintura laranxa.
Deixamos secar.
4. Utilizamos o rotulador verde para debuxar o talo do dente de león.


Outra ACTIVIDADE podría ser: reutilizando os tubos de papel hixiénico faremos unha bolboreta divertida.
Necesitaremos ademáis cartulinas de cores, cartóns que teñamos coloridos, cinta adhesiva, tesoiras, pegamento en barra e rotuladores.Queda super bonita. Tamén pode ser outro insecto que vos guste.


ACTIVIDADE MUSICAL

Facendo click na imaxe posterior podedes acceder a un musicograma infantil de As catro estacións de Vivaldi: 




domingo, 17 de mayo de 2020

INGLÉS

Esta semana o teacher Santi envíanos o vídeo da seguinte historia de Daisy, Robin and Me.  Facede click na imaxe posterior:



Podedes botar un vistazo as anteriores historias de Daisy, Robin and Me nas entradas do blog das anteriores semanas; así como ver as cancións utilizadas polo Teacher na aula.

HAVE A NICE WEEK!

PSICOMOTRICIDADE NA CASA

Esta semana o profe Lois deíxanos o seguinte vídeo: algúns dos exercicios os podedes facer perfectamente; outros podedes adaptalos en base ao que se mostra no vídeo.
A DISFRUTAR!



PARAUGAS DAS LETRAS GALEGAS

Relacionado co conto "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" de Ricardo Carvallo Calhero; esta semana imos facer un PARAUGAS DAS LETRAS GALEGAS. Mándovos unhas gotas de choiva: en cada unha de elas (só por unha cara) escriben os nenos coa vosa axuda unha verba en galego que lles guste: axóuxere, aloumiño,...
Collede un paraugas que teña moitas cores e en cada unha das varillas enganchades un cordón, sedel,… pegando 3 gotas das que xa escribistes hacia abaixo cunha separación duns 15 cm. Colgamolo do teito e teremos un paraugas das letras galegas espectacular.
Deixovos as gotas para que as calquedes nun folio ou cartulina de cor azul ou nunha cartulina blanca coloreándoa de azul.




DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

O domingo, 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano adícase ao escritor Ricardo Carvalho Calero.
Deixo unha serie de recursos educativos sobre este escritor. Para acceder picade nas imaxes.

BIOGRAFÍA

ACTIVIDADE LIM


RELATO " AS PITAS BAIXO A CHOIVA" 

CONTO 



XOGO



MÚSICA