Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de junio de 2020

MÚSICA

Esta semana a profe María co motivo do día do Medio Ambiente o día 5 de xuño, preséntanos a canción "Nadando sen parar":


 CANTANDO E BAILANDO SEN PARAR!




domingo, 31 de mayo de 2020

XOGUETES MUSICAIS CON CHAPAS

A profe María proponnos facer uns xoguetes musicais con chapas. Para iso necesitamos os seguintes materiais: cartolina ou cartón, chapa de refresco, tesoiras e pegamento.
Seguiremos os seguintes pasos:

1. Recortar un pequeño trozo de cartón ou cartolina duns 10 centímetros.
2. Decorar o cartón ou cartolina.
3. Pegar as chapas na parte interior do cartón tal e como aparece na imaxe. 



E XA TEDES LISTO O VOSO XOGUETE!


domingo, 24 de mayo de 2020

FACEMOS UNHAS MARACAS

A profe María envíanos un tutorial de como facer unhas maracas con tubos de papel hixiénico.


MANS A OBRA E A DISFRUTAR CON ELAS!!!




sábado, 16 de mayo de 2020

O GALO CANTA

Co motivo das Letras Galegas que este ano este adicado a Ricardo Carvallo Calhero, e o seu principal conto infantil "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" a profe María envíanos este vídeo da canción "O GALO CANTA", xa que nesta aparecen os animais do conto.
             QUEREMOS VERVOS CANTAR E BAILAR!



domingo, 10 de mayo de 2020

XOGO DA CARRASQUIÑA

A profe María envíanos este vídeo do baile da carrasquiña. Xa o coñecemos da aula porque a estivemos a bailar con ela, así que a ver como a cantades e bailades para as vosas familias. QUEREMOS VÍDEOS!!!!



domingo, 26 de abril de 2020

A MOVER O ESQUELETE!

Para por un pouco de movemento no noso corpiño, imos escoitar e traballar a canción "EU SON UN ARTISTA" do grupo Mamá Cabra. Esta canción xa a coñecemos porque a estivemos a traballar coa profe de música María na escola. 
Propoñémosvos escoitala, bailala, disfrutala e se vos parece debuxar nun folio (sempre dentro da medida das posibilidades dos pequerrechos) os instrumentos dos que fala a canción.


ESPERAMOS AS VOSOS DEBUXOS