Mostrando entradas con la etiqueta lóxico-matemática. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lóxico-matemática. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de junio de 2020

XOGOS LÓXICA-MATEMÁTICA

- ACTIVIDAD 1:  creamos unhas tarxetas (con folios, trozos de cartón, cartulinas...) con números do 1 ao 10. Os nenos terán que colocar tantas pinzas como indica o número da tarxeta. 


- ACTIVIDAD 2:  debuxaremos no chan os números do 1 ao 5 con tizas, ceras blandas, con cinta... e os peques terán que colocar enriba (seguindo a direccionalidade correcta) pezas de construccións, bloques, rotuladores...Tamén poden recorrer o trazo con coches pequenos, como si fose un camiño a seguir.


- ACTIVIDAD 3:  gardaremos 10 botes de bebibles ou botes similares. Despois, escribiremos en cada bote un número e o neno terá que colocar tantas palliñas como indica o número do bote. Os botes tamén nos poden servir para xogar aos bolos, por exemplo. 


- ACTIVIDAD 4:  debuxaremos nunhas tarxetas as formas básicas traballadas no cole: círculo, cadrado, triángulo. O neno terá que buscar pola casa obxetos con esas formas e colocalos debaixo da tarxeta correspondente. 


- ACTIVIDAD 5:  por un lado facemos unha plantilla na que aparezcan unhos círculos con puntos no seu interior e por outro lado, utilizamos vasos e escribimos os números.

Os nenos terán que contar os puntos de cada círculo e buscar o vaso que ten o número correspondente para colocalo enriba.



- ACTIVIDAD 6:  creamos unhas plantillas con patróns de diferentes cores (que collan en hueveras que teñamos pola casa). Os nenos con bolas de plastilina ou pompóns terán que facer o patrón.




- ACTIVIDAD 7:  podemos escribir os números nuns paus de madeira e logo colocar tantas gomiñas como manda o número. 
Tamén podemos xogar a inversa: o adulto dalle a volta aos paus (de forma que non se vexa o número) ponlle as gomas e o neno terá que contalas. Cando acabe, o neno xirará o pau para saber se as gomas que contaron se corresponden co número.


- ACTIVIDAD 8:  facemos torres utilizando bloques de construcción.
Podemos xogar de varias formas:
 O adulto ensina ao neno unha tarxeta con un número e o neno terá que facer unha torre utilizando tantos bloques como lle indica a tarxeta.
2º Con un dado de parchís...o neno tirará o dado e contará o número que lle saiu, logo construirá unha torre con ese número de pezas.
 Con tarxetas do 1 ao 10, o neno irá construindo torres ao lado da tarxeta, facendo corresponder número-cantidade.


- ACTIVIDAD 9:  podemos utilizar as baldosas que teñamos en estancias da nosa casa para facer un xogo similar ao da foto, asociando cada número cun código: buscamos os números 1 e colocamos cor vermello, buscamos os 2 e colocamos cor verde...


- ACTIVIDAD 10:  collemos 10 trozos de cartón, clavamos neles uns palillos  e escribimos os números do 1 ao 10. Os nenos terán que colocar tantos elementos como indica o número: poden ser boliñas, macarróns, trozos de palliñas... 


- ACTIVIDAD 11:  repasamos a dirección e o trazo dos números do 1 ao 4.
O adulto escribeos sobre un papel e nós repasamolos por riba con pintura, rotulador...



- ACTIVIDAD 12: se tedes na casa unha alfombra de números de goma-eva podedes montala facendo unha alfombra numérica. Tamén podedes facela no chan con tiza, cera, cinta ou mesmo con folios.
Podemos xogar de varias formas:
 Podemos ir hasta o 10 contando os números que vamos saltando. 
 Tamén nos pode dicir papá/mamá/abuelitos que saltemos hasta un número concreto (salta hasta o número 5, por exemplo). Despois poden preguntar o número que teño antes e o número que teño despois.
 Collemos un dado e tiroo. Saltarei hasta o número que me indique o dado. 


- ACTIVIDAD 13: debuxarán nun folio os números e terán que colocar tantos bonecos/pegatinas/garabanzos como diga o número.



- ACTIVIDAD 14:  utilizando culleres...debuxarei os números en culleres transparentes e os puntos en culleres blancas... o neno terá que buscar a parella facendo a correspondencia cantidad-grafía. 


- ACTIVIDAD 15: utilizando post-it, escribimos neles os números do 1 ao 10. O neno terá que facer a serie numérica colocando os números por orden. 
Outra variante pode ser que o adulto ordene a serie con algún erro. Serán series sinxelas con poucos números, por exemplo: 1,3,4. O neno terá que decir o erro que ve e colocar o post-it co número que falta. 



- ACTIVIDAD 16:  utilizando a recta numérica o adulto preparará platos con tapóns, por exemplo. O neno terá que contar os tapóns de cada plato e levalo ao número que corresponda. 



- ACTIVIDAD 17:  co cartón dos rolos de papel hixiénico podemos debuxar unhas cariñas e números. Os peques colocarán tantos pelos como indica o número. 



- ACTIVIDAD 18:  podemos practicar o trazo dos números cunha bandexa con sal, azúcre ou fariña.  Nela, poderán xogar a facer os números. 


- ACTIVIDAD 19:  podemos imprimir a recta numérica que aparece a continuación ou facer unha nun folio. Despois pegaremola nunha mesa e xogaremos nela con coches, bonecos pequenos, figuriñas...
O boneco irá saltando na recta, ao tempo que dice os números en voz alta. O adulto dirá un número e o boneco saltará hasta ese número...


- ACTIVIDAD 20: o adulto escribe números nun folio.  Terá que colocar a pegatina no número correspondente, seguindo o código da cor.



- ACTIVIDAD 21:  podemos crear o noso propio dado, en tamaño grande, utilizando unha caixa de cartón.






XOGOS LÓXICA-MATEMÁTICA TIC

Aquí van unhos xogos para seguir repasando no verán a lóxica-matemática: series numéricas, formas, tamaños, conteo...

                   XOGO SERIES NUMÉRICAS


XOGO TÁBOAS DE DOBRE ENTRADA



domingo, 7 de junio de 2020

SERIACIÓNS NA CASA

Seriar é unha noción matemática básica, na que se establece unha orde seguindo un criterio dado. Poden ser series de cores, de tamaños, de formas...
Podemos traballar a seriación de elementos cotiás, de forma sinxela, con cousas que temos na casa. 
Durante este curso, traballamos a seriación de dous elementos. Mostrovos algúns exemplos:
O primeiro é mostrarlle aos peques o código do patrón. Neste primeiro exemplo, o código é: macarrón-garabanzo
Logo, será o neno o que vaia collendo estos elementos e colocándoos para continuar a serie. 






Estos son uns exemplos que podedes facer cos peques e logo inspiraros e crear series lóxicas con outras cousas que hai na casa: botóns, tapóns, gomets, bloques de construcción,…


sábado, 16 de mayo de 2020

FACEMOS UNHA CASIÑA DE CHOCOLATE?

Propoñovos facer un taller de cociña relacionado co novo tema de traballo da "CASIÑA DE CHOCOLATE".
        Podedes elaborar unha casiña moi dulce de forma sinxela, intentando que os peques colaboren o máximo posible. Ademáis, ao mismo tempo podemos traballar moitos conceptos facéndolles preguntas aos nenos:
Cuantificación: ¿botámoslle moitos lacasitos? ¿poucos lacasitos? ¿puxemos máis lacasitos amarelos ou máis lacasitos azuis?...
Formas geométricas: ¿qué forma ten a casiña que fixemos? ¿e o tellado? ¿e as ventás? Intentamos buscar esas formas noutros obxectos da nosa cociña ou da nosa casa.
Conteo: contamos os lacasitos que utilizamos, as onzas de chocolate, as rebanadas de pan, os lacasitos de cor vermello, os amarelos...
Lectoescritura: coa axuda dos papás facer unha lista dos ingredientes utilizados. Copiamos nun folio os ingredientes e despois vemos se teñen a A, E, I, O, U u outras letras.
Expresión plástica: facemos un debuxo despois de facer a casiña na que os nenos expresen o resultado final.
Expresión oral: intentamos explicarlle a papá e mamá a secuencia de pasos que seguimos: primero collemos 2 rebanadas de pan... unha para a casa...outra para o tellado...despois...
Aquí, unhas sinxelas ideas de casiñas... 










domingo, 3 de mayo de 2020

BUSCA DO TESOURO


   Para repasar algúns conceptos básicos (cores, formas, tamaños…) propoñémosvos un xogo para facer en familia. Os participantes teñen que buscar o obxecto que se lle pide, só poden levar un cada vez. Trátase de ver cantos obxectos conseguen:
  • De cores: busca algo de cor azul, amarelo, vermello… da túa cor favorita, algo dunha cor clara/escura…
  • Tamaños: grande, pequeno, máis largo que…
  • Formas: redondo, cadrado, triangular, esférico…
  • Dos 5 sentidos: que ula ben, áspero, suave, brillante, ruidoso…
  • Cousas da casa: un garfo, un rotulador, un zapato, o teu libro favorito, un libro de animais, algo con rodas…
        Podedes empregar se queredes estas tarxetas, facer as vosas ou xogar sen empregar tarxetas.