lunes, 22 de junio de 2020
NOTA DESPEDIDA FAMILIAS
Prezadas
familias:
Agradezco o voso esforzo, a vosa paciencia,
a
vosa comprensión e a vosa colaboración durante
todo
este tempo.
Bo
verán, sede felices!!
APERTAS
E SAÚDE
domingo, 14 de junio de 2020
XOGOS LÓXICA-MATEMÁTICA
- ACTIVIDAD 1: creamos unhas tarxetas (con folios, trozos
de cartón, cartulinas...) con números do 1 ao 10. Os nenos terán que colocar
tantas pinzas como indica o número da tarxeta.
- ACTIVIDAD 2: debuxaremos no chan os números do 1 ao 5 con tizas, ceras blandas, con cinta... e os peques terán que colocar enriba (seguindo a direccionalidade correcta) pezas de construccións, bloques, rotuladores...Tamén poden recorrer o trazo con coches pequenos, como si fose un camiño a seguir.
- ACTIVIDAD 3: gardaremos 10 botes de bebibles ou botes similares. Despois, escribiremos en cada
bote un número e o neno terá que colocar tantas palliñas como indica o número
do bote. Os botes tamén nos poden
servir para xogar aos bolos, por exemplo.
- ACTIVIDAD 4: debuxaremos nunhas tarxetas as formas básicas traballadas no cole:
círculo, cadrado, triángulo. O neno terá que buscar pola casa obxetos con esas formas e colocalos
debaixo da tarxeta correspondente.
-
ACTIVIDAD 5: por un lado facemos unha plantilla na
que aparezcan unhos círculos con puntos no seu interior e por outro lado,
utilizamos vasos e escribimos os números.
Os nenos terán que contar os puntos de cada
círculo e buscar o vaso que ten o número correspondente para colocalo enriba.
- ACTIVIDAD 6: creamos
unhas plantillas con patróns de diferentes cores (que collan en hueveras que teñamos pola casa). Os nenos con bolas
de plastilina ou pompóns terán que facer o patrón.
- ACTIVIDAD 7: podemos escribir os números nuns paus de madeira e logo colocar
tantas gomiñas como manda o número.
Tamén podemos xogar a inversa: o adulto dalle a volta aos paus (de forma que non se vexa o número) ponlle as gomas e o neno terá que contalas. Cando acabe, o neno xirará o pau para saber se as gomas que contaron se corresponden co número.
Tamén podemos xogar a inversa: o adulto dalle a volta aos paus (de forma que non se vexa o número) ponlle as gomas e o neno terá que contalas. Cando acabe, o neno xirará o pau para saber se as gomas que contaron se corresponden co número.
- ACTIVIDAD 8: facemos torres utilizando bloques de construcción.
Podemos xogar de varias formas:
1º O adulto ensina ao neno unha tarxeta con un número e o neno terá que facer unha torre utilizando tantos bloques como lle indica a tarxeta.
2º Con un dado de parchís...o neno tirará o dado e contará o número que lle saiu, logo construirá unha torre con ese número de pezas.
3º Con tarxetas do 1 ao 10, o neno irá construindo torres ao lado da tarxeta, facendo corresponder número-cantidade.
Podemos xogar de varias formas:
1º O adulto ensina ao neno unha tarxeta con un número e o neno terá que facer unha torre utilizando tantos bloques como lle indica a tarxeta.
2º Con un dado de parchís...o neno tirará o dado e contará o número que lle saiu, logo construirá unha torre con ese número de pezas.
3º Con tarxetas do 1 ao 10, o neno irá construindo torres ao lado da tarxeta, facendo corresponder número-cantidade.
- ACTIVIDAD 9: podemos
utilizar as baldosas que teñamos en estancias da nosa casa para facer un xogo
similar ao da foto, asociando cada número cun código: buscamos os números 1 e
colocamos cor vermello, buscamos os 2 e colocamos cor verde...
- ACTIVIDAD 10: collemos 10 trozos de cartón, clavamos neles uns palillos e escribimos os números do 1 ao 10. Os nenos terán que colocar
tantos elementos como indica o número: poden ser boliñas, macarróns, trozos de
palliñas...
- ACTIVIDAD 11: repasamos a dirección e o trazo dos números do 1 ao 4.
O adulto escribeos sobre
un papel e nós repasamolos por riba con
pintura, rotulador...
- ACTIVIDAD 12: se tedes na casa unha alfombra de números de
goma-eva podedes montala facendo unha alfombra numérica. Tamén podedes facela
no chan con tiza, cera, cinta ou mesmo con folios.
Podemos xogar de varias
formas:
1º Podemos ir hasta o 10 contando os números que vamos saltando.
2º Tamén nos pode dicir papá/mamá/abuelitos que
saltemos hasta un número concreto (salta hasta o número 5, por exemplo).
Despois poden preguntar o número que teño antes e o número que teño despois.
3º Collemos un dado e tiroo. Saltarei hasta o número que me indique o
dado.
- ACTIVIDAD 13: debuxarán nun folio os números e terán que colocar
tantos bonecos/pegatinas/garabanzos como diga o número.
- ACTIVIDAD 14: utilizando culleres...debuxarei
os números en culleres transparentes e os puntos en culleres blancas... o neno
terá que buscar a parella facendo a correspondencia cantidad-grafía.
- ACTIVIDAD 15: utilizando post-it, escribimos neles os números
do 1 ao 10. O neno terá que facer a serie numérica colocando os números por
orden.
Outra variante pode ser
que o adulto ordene a serie con algún erro. Serán series sinxelas con poucos números,
por exemplo: 1,3,4. O neno terá que decir o erro que ve e colocar o post-it co
número que falta.
- ACTIVIDAD 16: utilizando a recta numérica o adulto
preparará platos con tapóns, por exemplo. O neno terá que contar os tapóns de
cada plato e levalo ao número que corresponda.
- ACTIVIDAD 17: co cartón dos rolos de
papel hixiénico podemos debuxar unhas cariñas e números. Os peques colocarán
tantos pelos como indica o número.
- ACTIVIDAD 18: podemos practicar o trazo dos números cunha
bandexa con sal, azúcre ou fariña. Nela, poderán xogar a facer os
números.
- ACTIVIDAD 19: podemos imprimir a recta numérica que
aparece a continuación ou facer unha nun folio. Despois pegaremola nunha mesa e
xogaremos nela con coches, bonecos pequenos, figuriñas...
O boneco irá saltando na
recta, ao tempo que dice os números en voz alta. O adulto dirá un número e o
boneco saltará hasta ese número...
- ACTIVIDAD 20: o adulto escribe números nun
folio. Terá que colocar a pegatina no
número correspondente, seguindo o código da cor.
- ACTIVIDAD 21: podemos crear o noso
propio dado, en tamaño grande, utilizando unha caixa de cartón.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)