Seriar é unha noción matemática básica, na
que se establece unha orde seguindo un criterio dado. Poden ser series de cores,
de tamaños, de formas...
Podemos traballar a seriación de elementos cotiás, de forma sinxela,
con cousas que temos na casa.
Durante este curso, traballamos a seriación
de dous elementos. Mostrovos algúns exemplos:
O primeiro é mostrarlle aos peques o código
do patrón. Neste primeiro exemplo, o código é: macarrón-garabanzo.
Logo, será o neno o que vaia collendo estos
elementos e colocándoos para continuar a serie.
Estos son uns exemplos que podedes facer
cos peques e logo inspiraros e crear series lóxicas con outras cousas que hai
na casa: botóns, tapóns, gomets, bloques de construcción,…
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.