domingo, 14 de junio de 2020

XOGOS LÓXICA-MATEMÁTICA TIC

Aquí van unhos xogos para seguir repasando no verán a lóxica-matemática: series numéricas, formas, tamaños, conteo...

                   XOGO SERIES NUMÉRICAS


XOGO TÁBOAS DE DOBRE ENTRADA



viernes, 12 de junio de 2020

OBRADOIRO EMOCIONAL

Continuamos coa última emoción “A ALEGRÍA”.
Primeiramente vemos o conto CUANDO ESTOY CONTENTO: despois de velo, falamos un pouco de él.  



 _ A continuación que fagan nun folio un debuxo das cousas que lle dan ALEGRÍA, e que o escriban debaixo de cada  imaxe debuxada coa vosa axuda.
_ Podedes facer cos nenos unha foto (a cara soamente) na que poñan cara de alegría e mandadesma para imprimir en A3.
_ E por último pintarán o cadro de Van Gogh relacionado con esta temática: LA SONRISA DE LAS ALAS FLAMEANTES, que xa vos enviei impreso.









OBRADOIRO EMOCIONAL

Continuamos esta semana pola emoción “A TRISTEZA”.
Primeiramente vemos o conto VACÍO: despois de velo, falamos un pouco de él.  






 _ A continuación que fagan nun folio un debuxo das cousas que lle dan TRISTEZA, e que o escriban debaixo de cada  imaxe debuxada coa vosa axuda.
_ Podedes facer cos nenos unha foto (a cara soamente) na que poñan cara de tristeza e mandadesma para imprimir en A3.
_ E por último pintarán o cadro de Van Gogh relacionado con esta temática: A NOITE ESTRELADA, que xa vos enviei impreso.









domingo, 7 de junio de 2020

RELIXIÓN


Polo motivo do Día dos Océanos (luns día 8 de xuño), a mestra de Relixión Cris proponnos ver a canción da ballena llena; para concienciar un pouquiño do que estamos a facer cos nosos actos sen darnos conta.



PSICOMOTRICIDADE NA CASA

O profe Lois preséntannos esta semana un novo reto. Seredes capaces de facelo?



ACTIVIDADE LIM DE HANSEL E GRETEL

Deixovos xa para finalizar o proxecto da "CASIÑA DE CHOCOLATE" unha actividade Lim sobre o conto de HANSEL E GRETEL. É un xogo moi completo con exercicios de lectoescritura, atención, lóxica, memoria...
Para xogar, clic na imaxe:





ENGLISH

A moverse un pouquiño,…, o Teacher Santi nos deixa esta canción:


HAVE A NICE WEEK!


MÚSICA

Esta semana a profe María co motivo do día do Medio Ambiente o día 5 de xuño, preséntanos a canción "Nadando sen parar":


 CANTANDO E BAILANDO SEN PARAR!




PEDRAS PINTADAS

Aproveitando os vosos pequenos paseos que agora xa podemos dar imos ir recollendo pedras lisas para logo decorar e facer uns bonitos pisapapeis para os nosos escritorios, podemos pintalos con témperas e logo botarlle cola ou laca para que non manchen, tamén podemos pintalas con esmaltes de uñas e así xa non hai que barnizar as pedras. Podedes decoralas como máis vos guste, con motivos primaverais, de animais, de corazóns,…
Ahí vos deixo uns modelos:









RETO DA SEMANA: BRUXAS CON ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO

Vamos a crear a bruxa do conto da "CASITDE CHOCOLATE".
Como base, necesitamos un rolo de cartón de papel hixiénico. Podemos pintalo con témpera, acuarela...
Para a cara, dibuxaremos as partes ou poremos os diferentes elementos con materiais que teñamos na casa: ollos móviles, botons, boliñas de plastilina...
       Para o 
pelo, podemos cortar tiras de papel de diferentes cores, tiras de papel de periódico, trozos de lá...
          O sombreiro, podemos dibuxalo en goma eva, cartulina, cartón, papel de periódico e logo decoralo con purpurina, pegatinas...


Unhas ideas que vos poden servir de inspiración: 



SERIACIÓNS NA CASA

Seriar é unha noción matemática básica, na que se establece unha orde seguindo un criterio dado. Poden ser series de cores, de tamaños, de formas...
Podemos traballar a seriación de elementos cotiás, de forma sinxela, con cousas que temos na casa. 
Durante este curso, traballamos a seriación de dous elementos. Mostrovos algúns exemplos:
O primeiro é mostrarlle aos peques o código do patrón. Neste primeiro exemplo, o código é: macarrón-garabanzo
Logo, será o neno o que vaia collendo estos elementos e colocándoos para continuar a serie. 






Estos son uns exemplos que podedes facer cos peques e logo inspiraros e crear series lóxicas con outras cousas que hai na casa: botóns, tapóns, gomets, bloques de construcción,…


domingo, 31 de mayo de 2020

OBRADOIRO EMOCIONAL

Continuamos esta semana pola emoción “A RABIA”.
Primeiramente vemos o conto VAYA RABIETA: despois de velo, falamos un pouco de él.  




 _ A continuación que fagan nun folio un debuxo das cousas que lle dan rabia, e que o escriban debaixo de cada  imaxe debuxada coa vosa axuda.
_ Podedes facer cos nenos unha foto (a cara soamente) na que poñan cara de rabia e mandadesma para imprimir en A3.
_ E por último pintarán o cadro de Picasso relacionado con esta temática: O GUERNICA, que xa vos enviei impreso.






XOGUETES MUSICAIS CON CHAPAS

A profe María proponnos facer uns xoguetes musicais con chapas. Para iso necesitamos os seguintes materiais: cartolina ou cartón, chapa de refresco, tesoiras e pegamento.
Seguiremos os seguintes pasos:

1. Recortar un pequeño trozo de cartón ou cartolina duns 10 centímetros.
2. Decorar o cartón ou cartolina.
3. Pegar as chapas na parte interior do cartón tal e como aparece na imaxe. 



E XA TEDES LISTO O VOSO XOGUETE!