Para repasar algúns conceptos básicos (cores,
formas, tamaños…) propoñémosvos un xogo para facer en familia. Os participantes
teñen que buscar o obxecto que se lle pide, só poden levar un cada vez. Trátase
de ver cantos obxectos conseguen:
- De cores: busca algo de cor azul, amarelo, vermello… da túa cor favorita, algo dunha cor clara/escura…
- Tamaños: grande, pequeno, máis largo que…
- Formas: redondo, cadrado, triangular, esférico…
- Dos 5 sentidos: que ula ben, áspero, suave, brillante, ruidoso…
- Cousas da casa: un garfo, un rotulador, un zapato, o teu libro favorito, un libro de animais, algo con rodas…
Podedes
empregar se queredes estas tarxetas, facer as vosas ou xogar sen empregar
tarxetas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.