domingo, 17 de mayo de 2020

PARAUGAS DAS LETRAS GALEGAS

Relacionado co conto "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" de Ricardo Carvallo Calhero; esta semana imos facer un PARAUGAS DAS LETRAS GALEGAS. Mándovos unhas gotas de choiva: en cada unha de elas (só por unha cara) escriben os nenos coa vosa axuda unha verba en galego que lles guste: axóuxere, aloumiño,...
Collede un paraugas que teña moitas cores e en cada unha das varillas enganchades un cordón, sedel,… pegando 3 gotas das que xa escribistes hacia abaixo cunha separación duns 15 cm. Colgamolo do teito e teremos un paraugas das letras galegas espectacular.
Deixovos as gotas para que as calquedes nun folio ou cartulina de cor azul ou nunha cartulina blanca coloreándoa de azul.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.