domingo, 17 de mayo de 2020

PARAUGAS DAS LETRAS GALEGAS

Relacionado co conto "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" de Ricardo Carvallo Calhero; esta semana imos facer un PARAUGAS DAS LETRAS GALEGAS. Mándovos unhas gotas de choiva: en cada unha de elas (só por unha cara) escriben os nenos coa vosa axuda unha verba en galego que lles guste: axóuxere, aloumiño,...
Collede un paraugas que teña moitas cores e en cada unha das varillas enganchades un cordón, sedel,… pegando 3 gotas das que xa escribistes hacia abaixo cunha separación duns 15 cm. Colgamolo do teito e teremos un paraugas das letras galegas espectacular.
Deixovos as gotas para que as calquedes nun folio ou cartulina de cor azul ou nunha cartulina blanca coloreándoa de azul.




DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

O domingo, 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano adícase ao escritor Ricardo Carvalho Calero.
Deixo unha serie de recursos educativos sobre este escritor. Para acceder picade nas imaxes.

BIOGRAFÍA

ACTIVIDADE LIM


RELATO " AS PITAS BAIXO A CHOIVA" 

CONTO 



XOGO



MÚSICA







sábado, 16 de mayo de 2020

O GALO CANTA

Co motivo das Letras Galegas que este ano este adicado a Ricardo Carvallo Calhero, e o seu principal conto infantil "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" a profe María envíanos este vídeo da canción "O GALO CANTA", xa que nesta aparecen os animais do conto.
             QUEREMOS VERVOS CANTAR E BAILAR!



A FAMILIA

Boas familias; a mestra Cris co motivo do Día da Familia o día 15 de maio, realizou o seguinte vídeo para festexar este día: 


Despois de ver este vídeo propónnos como actividade facer un debuxo da familia (xa seña a familia da casa ou a familia do cole). QUEREMOS VER AS VOSOS DEBUXOS DA FAMILIA!



ORIGAMI: FACER UNHA CASIÑA

Propoñovos unha manualidade de origami ou papiroflexia para crear unha "CASIÑA DE CHOCOLATE".  
É moi sinxela e con materiais que todos tedes na casa podédela facer: folios, pinturas e rotuladores.
Para facela seguide os pasos do vídeo. Despois de crear a casiña, tocará decorar, debuxar e colorear chuches, piruletas, caramelos...o voso gusto.


Deixovos a  casiña que fixen eu:




FACEMOS UNHA CASIÑA DE CHOCOLATE?

Propoñovos facer un taller de cociña relacionado co novo tema de traballo da "CASIÑA DE CHOCOLATE".
        Podedes elaborar unha casiña moi dulce de forma sinxela, intentando que os peques colaboren o máximo posible. Ademáis, ao mismo tempo podemos traballar moitos conceptos facéndolles preguntas aos nenos:
Cuantificación: ¿botámoslle moitos lacasitos? ¿poucos lacasitos? ¿puxemos máis lacasitos amarelos ou máis lacasitos azuis?...
Formas geométricas: ¿qué forma ten a casiña que fixemos? ¿e o tellado? ¿e as ventás? Intentamos buscar esas formas noutros obxectos da nosa cociña ou da nosa casa.
Conteo: contamos os lacasitos que utilizamos, as onzas de chocolate, as rebanadas de pan, os lacasitos de cor vermello, os amarelos...
Lectoescritura: coa axuda dos papás facer unha lista dos ingredientes utilizados. Copiamos nun folio os ingredientes e despois vemos se teñen a A, E, I, O, U u outras letras.
Expresión plástica: facemos un debuxo despois de facer a casiña na que os nenos expresen o resultado final.
Expresión oral: intentamos explicarlle a papá e mamá a secuencia de pasos que seguimos: primero collemos 2 rebanadas de pan... unha para a casa...outra para o tellado...despois...
Aquí, unhas sinxelas ideas de casiñas... 










A CASIÑA DE CHOCOLATE

Hoxe déixovos un conto que seguramente os nenos xa coñezan: A CASIÑA DE CHOCOLATE.



A partir de ahora propóñovos recursos para traballar este novo tema. Facede click na imaxe e aparecerávos un dossier de fichas.




OBRADOIRO EMOCIONAL

Dende comezo de curso, decidiuse empregar como fío condutor un conto que traballase diversas emocións: O MONSTRO DE CORES”. Polo que neste obradoiro preténdese traballar as emocións a través de diversos contos e do Arte. Realizando distintas actividades de animación a lectura e o coñecemento e a realización de obras de arte coñecidas. (Cadros de pintores).
Para lembralo facede click nas imaxes do conto e tamén na canción que usábamos na asemblea:





As emocións que se van a traballar son: o medo, a calma, a rabia, a alegría e a tristeza.
Comezamos esta semana pola emoción “O MEDO”:



Primeiramente vemos o conto GATO GUILLE E OS MONSTROS: despois de velo, falamos un pouco de el.

       _ A continuación que fagan nun folio un debuxo do que lle teñen medo, e que o escriban debaixo de cada  imaxe debuxada coa vosa axuda.
_ Facédelle unha foto da cara do neno tendo medo como o cadro do grito de Munch, que vos poño a continuación. Enviádeme a foto para imprimila e pegala no cadro do GRITO DE MUNCH  sen colorear. A continuación deixovos o orixinal e en blanco e negro; este último é o que tedes que imprimir: 



_ Por último pegar a foto do neno na cara no cadro, e pintar o cadro de moitas cores. O marco decoralo con gomets por dentro facendo unha serie. A modo de exemplo podería quedar así:






domingo, 10 de mayo de 2020

PSICOMOTRICIDADE NA CASA

O profe Lois preséntanos esta semana o seguinte reto, facer ximnasia o ritmo da seguinte canción " El baile del sapito". A SEGUIR BAILANDO TODOS!





INGLÉS

Esta semana o teacher Santi envíanos o vídeo da seguinte historia de Daisy, Robin and Me.  Facede click na imaxe posterior:


Como suxerencia de actividade a seguinte:

A continuación déixovos os videos das anteriores semanas de Daisy, Robin and Me. Facede click na imaxe posterior:

E como suxerencias de cancións en inglés para cantar e mover o esquelete as seguintes:







    
Por último unha páxina web interesante sería a seguinte:




EXERCICIOS DE SOPLO

Boas familias, hoxe imos facer uns exercicios de soplo e xogos en familia moi chulis.
Déixovos de seguido imaxes e vídeos de algúns exercicios de soplo, pero sendes orixinais e a ver que xogos inventades vós.
Espero con ilusión as vosas fotos e vídeos xogando en familia.










XOGO DA CARRASQUIÑA

A profe María envíanos este vídeo do baile da carrasquiña. Xa o coñecemos da aula porque a estivemos a bailar con ela, así que a ver como a cantades e bailades para as vosas familias. QUEREMOS VÍDEOS!!!!



sábado, 9 de mayo de 2020

NOVO RETO: PASTA DE SAL

Este novo reto está pensado para facer en familia e pasar un rato moi divertido todos xuntos. Podedes facer abalorios para colares, broches, figuriñas,… soamente tedes que deixar voar a vosa imaxinación. Ahí vos deixo a receita, un vídeo e varios exemplos do que podedes facer.