sábado, 9 de mayo de 2020

MOTRICIDADE FINA

Propoñovos unha serie de actividades dirixidas a estimular e desenrolar a MOTRICIDADE FINA.
A motricidade fina refírese aos movementos de maior precisión, nos que se usan os dedos e as mans de xeito coordinado cos ollos.
É fundamental estimular, durante toda a infancia, a destreza manual e a pinza dixital (coller en pinza cos dedos índice e polgar).
O desenrolo da motricidade fina será FUNDAMENTAL para actividades como: a escritura, o debuxo, o coloreado,…
Os xogos que vos propoño teñen como finalidade que os nenos vaian gañando forza nas mans e dedos e desenrolen a pinza dixital. Gustaríame que cada semana practicárades un ou dous de estes xogos e animádevos a sacar fotos e vídeos.

- ACTIVIDAD 1:  facer trasvases (pasar sólidos ou líquidos dun recipiente a outro) utilizando cucharas, pinzas, contagotas, vasos. É importante que o fagan cunha man, sen axudarse coa outra. 











- ACTIVIDAD 2:  despegar e pegar gomets.

- ACTIVIDAD 3:  enroscar e desenroscar tapóns de diferentes tamaños.


- ACTIVIDAD 4:  punzar ou pinchar con paus de madeira, escarvadentes, bastoncillos diferentes superficies: plastilina, esponxas, cartóns,...





- ACTIVIDAD 5:  pintar con bastoncillos puntos nos debuxos. Descargar imprimibles aquí.


- ACTIVIDAD 6:  pintar as uñas.

- ACTIVIDAD 7:  abotoar.

- ACTIVIDAD 8:  explotar burbullas co dedo índice.

- ACTIVIDAD 9:  enhebrar ou pasar por un fio ou cordón diferentes obxetos: boliñas, macarróns, anacos de palliñas... 






- ACTIVIDAD 10:  meter palliñas, bastoncillos, escarvadentes, moedas por buratos,... 





- ACTIVIDAD 11:  insertar palliñas, macarróns, cereais en paus de madeira.




- ACTIVIDAD 12:  introducir gomas elásticas en tubos ou recipientes.




- ACTIVIDAD 13:  abrir pinzas e colocalas utilizando os dedos índice e polgar.





- ACTIVIDAD 14:  rasgar papeis (folios, papel hixiénico, papel de periódico...) utilizando índice y polgar con forza. 


- ACTIVIDAD 15: cortar con tesoiras plastilina, palliñas, papeis...






- ACTIVIDAD 16:  modelar e crear con plastilina caras, animais, letras, flores, números, tartas...






Aquí podedes imprimir unhas plantillas moi chulis para xogar coa plasti. Pinchade enriba:




domingo, 3 de mayo de 2020

FLORES DE ANDY WARHOL

Para traballar a arte e a primavera, propóñovos facer unha manualidade empregando a técnica da estampación de tubérculos (neste caso patacas).
A obra na que me inspiro é a das "FLORES" de Andy Warhol.


Primeiro, pintaremos a herba con diferentes tons de verde con un bastoncillo e despois estamparemos as patacas (cortadas en forma de flor) sobre a herba; de xeito que poida quedar así:






ASÍ ES MI CORAZÓN

A profe de relixión Cristina preséntanos o videoconto "ASÍ ES MI CORAZÓN". Desfrutade del, e como suxerencia de manualidade: na metade dunha cartulina blanca debuxade un corazón, recortádeo e polo revés debuxade unha cariña segundo esteñades contentos, tristes, estedes rindo ou chorando,...ESPERAMOS FOTOS.




PSICOMOTRICIDADE NA CASA

O profe Lois preséntanos esta semana o seguinte reto, facer ximnasia o ritmo da seguinte canción " El baile del cuerpo". A BAILAAAAAR TODOS!


DE FESTA!


A profe María suxirenos este video da canción "De festa" de Uxía Lambona e a Banda Molona. Xa a coñecemos da aula porque a estivemos a bailar coa profe Sara no Entroido, así que a ver como movemos o noso corpiño e seguimos os pasos. 


INGLÉS

Esta semana o teacher Santi envíanos o vídeo da seguinte historia de Daisy, Robin and Me.  Facede click na imaxe posterior:




A continuación déixovos os videos das anteriores semanas de Daisy, Robin and Me. Facede click na imaxe posterior:



E como suxerencias de cancións en inglés para cantar e mover o esquelete as seguintes:








    
Por último unha páxina web interesante sería a seguinte:




RETO: ELABORAMOS PLASTILINA


Esta semana facemos plastilina na casa… para o cal necesitamos os seguintes ingredientes: 



Podemos ver máis a miúdo a elaboración no seguinte vídeo: 




Para despois de facer a actividade deixovos unha folla de rexistro na que os peques terán que escribir (ou repasar por riba da letra do adulto) o nome do reto, os ingredientes utilizados e facer un debuxo. 

Para descargar a folla, clic na imaxe.


RECURSOS DIXITAIS DE EDITORIAIS

Ante a situación na que nos encontramos algunhas editoriais habilitaron webs con contidos dixitais para o alumnado de Infantil. 

Para acceder pinchade nas imaxes.



BUSCA DO TESOURO


   Para repasar algúns conceptos básicos (cores, formas, tamaños…) propoñémosvos un xogo para facer en familia. Os participantes teñen que buscar o obxecto que se lle pide, só poden levar un cada vez. Trátase de ver cantos obxectos conseguen:
  • De cores: busca algo de cor azul, amarelo, vermello… da túa cor favorita, algo dunha cor clara/escura…
  • Tamaños: grande, pequeno, máis largo que…
  • Formas: redondo, cadrado, triangular, esférico…
  • Dos 5 sentidos: que ula ben, áspero, suave, brillante, ruidoso…
  • Cousas da casa: un garfo, un rotulador, un zapato, o teu libro favorito, un libro de animais, algo con rodas…
        Podedes empregar se queredes estas tarxetas, facer as vosas ou xogar sen empregar tarxetas.