Propoñovos unha serie de actividades dirixidas a estimular e desenrolar a
MOTRICIDADE FINA.
A motricidade fina refírese aos movementos de maior precisión, nos que se
usan os dedos e as mans de xeito coordinado cos ollos.
É fundamental estimular, durante toda a infancia, a destreza manual e a
pinza dixital (coller en pinza cos dedos índice e polgar).
O desenrolo da motricidade fina será FUNDAMENTAL para actividades como: a
escritura, o debuxo, o coloreado,…
Os xogos que vos propoño teñen como finalidade que os nenos vaian gañando
forza nas mans e dedos e desenrolen a pinza dixital. Gustaríame que cada semana
practicárades un ou dous de estes xogos e animádevos a sacar fotos e vídeos.
- ACTIVIDAD 1: facer trasvases (pasar sólidos ou líquidos
dun recipiente a outro) utilizando cucharas, pinzas, contagotas, vasos. É
importante que o fagan cunha man, sen axudarse coa outra.
- ACTIVIDAD 2: despegar e pegar gomets.
-
ACTIVIDAD 3: enroscar e desenroscar tapóns
de diferentes tamaños.
-
ACTIVIDAD 4: punzar ou pinchar con paus de madeira, escarvadentes, bastoncillos
diferentes superficies: plastilina, esponxas, cartóns,...
-
ACTIVIDAD 6: pintar as uñas.
- ACTIVIDAD 7: abotoar.
- ACTIVIDAD 8: explotar burbullas co dedo índice.
- ACTIVIDAD 9: enhebrar ou pasar por un fio
ou cordón diferentes obxetos: boliñas, macarróns, anacos de palliñas...
- ACTIVIDAD 10: meter palliñas, bastoncillos, escarvadentes, moedas por buratos,...
- ACTIVIDAD 11: insertar palliñas,
macarróns, cereais en paus de madeira.
- ACTIVIDAD 12: introducir gomas
elásticas en tubos ou recipientes.
- ACTIVIDAD 13: abrir pinzas e colocalas utilizando os
dedos índice e polgar.
- ACTIVIDAD 14: rasgar papeis (folios, papel hixiénico, papel de periódico...)
utilizando índice y polgar con forza.
- ACTIVIDAD 15: cortar con tesoiras plastilina, palliñas,
papeis...
- ACTIVIDAD 16: modelar e crear con plastilina
caras, animais, letras, flores, números, tartas...
Aquí podedes imprimir unhas plantillas moi chulis para xogar coa plasti.
Pinchade enriba:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.