SEMENTES DE PRIMAVERA
CREAMOS ARTE NA PRIMAVERA
A primavera inspíranos e non podemos obviar que nos gusta pintar, así que as flores é algo que sempre gusta.
Con pintura amarela, un tenedor de plástico, papel e rotulador verde podemos crear un DENTE DE LEÓN. Moi fácil e divertido!
1. Sumerximos a parte traseira do tenedor na pintura amarela.
2. Presionamos repetidas veces sobre o papel en forma de círculo.
3. Recheamos a parte central coa mesma cor ou ben con pintura laranxa.
Deixamos secar.
4. Utilizamos o rotulador verde para debuxar o talo do dente de león.
Outra ACTIVIDADE podría ser: reutilizando
os tubos de papel hixiénico faremos unha bolboreta divertida.
Necesitaremos ademáis cartulinas de cores,
cartóns que teñamos coloridos, cinta adhesiva, tesoiras, pegamento en
barra e rotuladores.Queda super bonita. Tamén pode ser outro insecto que vos
guste.
ACTIVIDADE MUSICAL
Facendo click na imaxe posterior podedes acceder a un musicograma infantil
de As catro estacións de Vivaldi:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.