Un dos aspectos que podemos traballar cos nenos é a vía auditiva como entrenamento
para a adquisición da lectoescritura. Nesta actividade traballaráse por un lado
a discriminación auditiva e polo outro a conciencia fonolóxica.
Comezamos coa DISCRIMINACIÓN AUDITIVA do sonido A. Iredes dicindo vogais e
cando escoiten a A, teñen que dar unha palmada.
Despois pasamos as palabras que comezan pola A. Aproveitamos que no cole temos varios nomes
que comezan pola A, así que iremos dicindo nomes, e cando escoiten un que comece
pola A teñen que dar unha palmada.
Despois pasamos as imaxes (CONCIENCIA FONOLÓXICA). Temos algunhas que comezan pola A e outras que
non. Enseñadelles a imaxe, teñen que decir a palabra en voz alta e logo teñen
que decidir se pode entrar na casiña da A ou non. Só entran as que comezan pola
letra A.
Deíxovos as imaxes por se queredes facer a vosa casiña da A.
Pinchade na imaxe posterior e veredes unha canción de youtube de palabras que comezan pola A.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.